

Datos do proxecto
Cliente:
Dirección Xeral de Montes
Tecnoloxías:
Flash, XML
Área:
in|gaming
Servizo:
Desenvolvemento
Desenvolveuse unha aplicación multimedia formativa para o seu uso na aula polos técnicos da Consellería de Medio Rural nas súas visitas aos centros escolares, que incorpora contidos e informacións relacionadas coa conservación do medio natural e a prevención de incendios forestais (contidos sobre o monte – as súas características, importancia e destrución –, o solo, a vexetación autóctona, os incendios, etc.).
Esta presentación dos contidos faise dun xeito lúdico, nun intento de responsabilizar ao alumnado e de o preparar para que, pouco a pouco, adopte un estilo de vida que permita unha concienciación activa PARA A DEFENSA DO MONTE e ante uns dos problemas medioambientais máis graves, o dos incendios forestais. Son os pais e os educadores os que deben orientalos sobre estes temas para que adquiran os coñecementos e a autonomía necesarios para tomaren as súas propias decisións.
Tecnoloxía utilizada: Flash, XML.
![]()
Aplicación multimedia para o proceso de oposicións
Desenvolvemento dunha aplicación multimedia actualizable ...

