

En imaxin|software ofrecemos servizos de consultoría en novas tecnoloxías para as diferentes áreas de competencia en que traballamos.
Auditamos os procesos da súa empresa e do sector de negocio en que opera, para implantar solucións tecnolóxicas adecuadas ás súas necesidades. Partindo dos obxectivos e das políticas de empresa, os nosos consultores preparan as propostas que mellor encaixan no seu modelo de empresa tanto económica como tecnoloxicamente.
imaxin|software ten unha ampla experiencia no deseño e elaboración de programas educativos e formativos, empregando unha metodoloxía innovadora en que o profesorado organiza as súas aulas utilizando unha estratexia de ensino activa e participativa, propiciadora de debates e da aprendizaxe a través do descubrimento. No desenvolvemento dos cursos utilízase unha combinación eficaz dos seguintes métodos de ensino:
Sesións teóricas que se complementan coa discusión de casos, realización de traballos en grupo, discusión de artigos e textos, e proxección de vídeos.
Sesións prácticas na aula de informática cando a materia a impartir así o requira.
Conferencias, mesas redondas, coloquios ou seminarios sobre temas específicos relacionados cos diferentes módulos do programa.
Sesións de traballo con emprendedores e directivos de empresas e institucións públicas en que se presentan e analizan as súas experiencias.
Visitas a empresas e a diferentes institucións, públicas ou privadas, relacionadas co desenvolvemento de iniciativas empresariais.

