Ferramentas de corrección

Ferramentas de corrección ortográfica e gramatical

Galgo

Galgo motores de corrección ortográfica, gramatical e de estilo.

Galgo é o nome que aglutina as diferentes ferramentas de corrección.

Mellora a calidade dos textos

Permite verificar o texto corrixindo  erros ortográficos, gramaticales e de estilo.

Non sexista

Galgo incorpora un corrector de estilo especialmente enfocado a dar alternativas non sexistas.

Corrección de erros léxicos

Esta característica fai de Galgo un corrector especialmente útil para idiomas minorizados onde existen problemas de confusión co idioma predominante.

imaxin Galgo

Esta aplicación pioneira para a corrección de textos en galego, foi a base do desenvolvemento das nosas solucións de corrección que actualmente soporta diferentes idiomas incluído o español.

Pensada para a análise dos problemas de carácter ortográfico e léxico. Soluciona erros como castelanismos, verbos mal conxugados, vulgarismos, erros propiamente ortográficos e mesmo interseccións destas tipoloxías nunha mesma palabra.

imaxin Galgo funciona como aplicación de escritorio integrado cos principais editores de texto  e como servizo Web para integrar noutras aplicacións.

 

imaxin Galgo.net

imaxin galgo.net é un sistema de corrección ortográfica indicada para organizacións que manexen un amplo volume de documentos en diversos idiomas e que traballen con diversas plataformas tecnolóxicas.
Desde un punto de vista lingüístico permite a centralización das solucións terminolóxicas, a administración terminolóxica e a corrección multilingüe.
Tecnoloxicamente traballa con múltiples clientes e múltiples plataformas .

 

Tes un proxecto singular?

Asesorámoste e axudamos a crear unha solución á túa medida


Non o dubides e contacta connosco, estaremos encantados de escoitarte.