A semana pasada visitamos o CiTIUS da Universidade de Santiago para gozar da III Xornada de demostración tecnolóxica Inside the Lab. Este ano presentáronse nove proxectos e dous spin-offs creadas por investigadores do CiTIUS.

Tres proxectos gustáronnos especialmente pola súa innovación e congenio coa nosa empresa: Polypus, Calendula e o explorador semántico da historia das palabras.

Polypus é unha solución baseada en tecnoloxías Big Data que permite facer unha análise dos sentimentos que se expresan en Twitter en tempo real. Realizando unha procura por temas, permite saber canto se está falando dese tema e se a valoración que se fai sobre el é positiva ou negativa. Ofrece tamén a opción de elixir un rango de tempo no que facer a análise dos sentimentos, así como coñecer a tempo real os temas máis comentados. Trátase dunha alternativa moi atractiva á ferramenta de pago que ofrece Twitter.

Calendula é unha aplicación que permite xestionar a medicación persoal. Este proxecto, presentado na anterior edición de Inside the Lab, incorpora algunhas novidades: a implementación das receitas electrónicas, a interacción por voz e a localización de farmacias próximas. A app envía avisos para lembrar a toma do medicamento, mostra incompatibilidades, ofrece o prospecto, informa sobre cando é o mellor momento para ir á farmacia a comprar os medicamentos… Ademais, grazas á colaboración co catro Colexios de Farmacéuticos de Galicia, contén un mapa coas farmacias máis próximas, horarios e farmacias de garda. Por último, a interacción por voz na que están a traballar, permite facerlle calquera consulta á aplicación, tanto sobre a medicación como sobre as farmacias. Todas estas ferramentas que ofrece facilitan o proceso de medicación, sobre todo a persoas de avanzada idade ou aquelas que necesitan combinar varios medicamentos á vez.

O explorador semántico da historia das palabras, pola súa banda, é unha ferramenta que permite coñecer as palabras asociadas a outros termos ao longo do tempo, desde o ano 1900. Fai unha análise das palabras que se relacionan en diferentes textos de distintas épocas, o que permite saber cal era o significado dunha palabra nun momento concreto e como cambiou a súa identificación popular ao longo dos anos.

Desde imaxin|software felicitamos ao CiTIUS pola organización desta xornada un ano máis, e aproveitamos para proporlles como mellora a visibilización de mulleres na presentación dos proxectos, o que seguramente axudará tamén a que outras se animen a unirse aos equipos de investigación.

(c) Fotos de CiTIUS

 

Centro de Preferencias de Privacidade

Estrictamente necesarias

Estas cookies son necesarias para el funcionamiento de la página. La cookie _gdpr se utiliza para gestionar el consentimiento del usuario y la configuración de las cookies que ha seleccionado el usuario. Las otras 2 cookies se usan para temas de seguridad que pueden afectar a la página.

_gdpr, _wfvt_{HASH}, _wordfence_verifiedHuman

Close your account?

Your account will be closed and all data will be permanently deleted and cannot be recovered. Are you sure?