O pasado luns 8 de maio recibimos a visita do director do Igape, Juan Cividanes, e da directora da Amtega, Mar Pereira no marco do programa Reacciona. A través deste programa, o ano pasado traballamos na optimización da xestión financeira e agora estamos a desenvolver un servizo de marketing dixital a través do Reacciona TIC.

Juan Cividanes e Mar Pereira, destacaron, durante a súa visita, o importante papel que están chamadas a desenvolver as empresas TIC, tanto pola súa relevancia á hora de impulsar o crecemento económico na comunidade, como no seu papel de aceleradoras do proceso de dixitalización e mellora da competitividade do tecido empresarial galego. Obxectivos que está a impulsar a Xunta a través da Axenda Galicia-Industria 4.0 e da Axenda Dixital de Galicia 2020.

Durante a visita tivemos a oportunidade de presentar ao director do Igape e á directora da Amtega as últimas ferramentas e servizos nos que estamos a traballar no ámbito do procesamento da linguaxe natural (tradución automática, etiquetadores automáticos, detectores de entidades, etc.) así como os produtos educativos e formativos do noso departamento de multimedia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies