O pasado vernes recibimos o selo de empresa ‘Responsabilízate’ no acto de entrega da III Edición do Programa Responsabilízate, unha iniciativa da Xunta de Galicia que proporciona formación e asesoramento a pemes interesadas en avanzar na cultura da sostibilidade. 

imaxin|software foi unha das 200 pemes galegas que recibiron este recoñecemento polo seu compromiso coa RSE (Responsabilidade Social Empresarial) e co cumprimento das obrigacións ASG (Ambiental, Social e de bo Goberno).