Eslema é o nome do portal creado en 2008 polo Goberno de Asturias en colaboración coa Universidade de Oviedo para ofrecer, de maneira gratuíta, a tradución automática de textos e ficheiros de español a asturiano. A Consejería de Cultura, Política Lingüística y Turismo anunciou agora unha renovación deste servizo, que inclúe a incorporación de 1.800 novas entradas e a actualización das regras gramaticais e a toponimia. imaxin|software é o socio tecnolóxico deste proxecto, fornecendo a experiencia de máis de dúas décadas en sistemas de localización e tradución.
 
Eslema.2 mellorará, ademáis, o seu uso en todo tipo de dispositivos e facilitará unha tradución máis natural e fluída en calquera dos dous sentidos, de español a asturiano e de asturiano a español. Igualmente, incorporaranse correccións gramaticais, novas regras de tradución, así como a actualización da toponimia e a microtoponimia. Xunto cas 1.800 novas entradas, sumaranse 350 unidades fraseolóxicas con melloras estitísticas que farán que as construcción resulten máis naturais e adaptadas ao mundo actual.
 
As modificacións que se incorporarán en Eslema estarán dispoñibles para toda a cidadanía no último trimestre de 2022. Os técnicos das direccións xerais de Política Lingüística e de Estrategia Digital están a traballar xa cos de imaxin|software para implementar as melloras e conseguir que o número de usuarios do servizo aumente no futuro. O ano pasado, Eslema atendeu 500.000 consultas de 42.000 usuarios distintos.
 
Para avaliar a calidade da tradución automática tómanse como referencia os indicadores BLEU, sistema que representa graficamente os resultados. As previsións son que Eslema.2 obteña un índice BLEU de entre 70 e 80. As ratios habituais consideran que un rexistro por enriba de 60 acredita que é un bo tradutor.
 
En imaxin|software estamos moi satisfeitos de colaborar co Goberno de Asturias neste proxecto e aplicar os nosos coñecementos en tradución automática no asturiano, como xa fixemos anteriormente noutros proxectos no Estado con idiomas como galego, catalán, euskera, valenciano, inglés ou español. imaxin|software dispón tamén dun portal de tradución automática aberto á cidadanía, Opentrad, que se pode consultar e usar gratuitamente en www.opentrad.com.
 
Podes visitar o portal Eslema, aquí.