imaxin|software patrocina a celebración da 16ª Conferência Internacional sobre o Processamento Computacional da Língua Portuguesa (PROPOR 2024), que este ano ten lugar, por primeira vez, fóra de Portugal e Brasil.

O evento se celebra en Santiago de Compostela entre o 12 e o 14 de marzo e contará con paneis de discusión, obradoiros, exposición de papers, demostracións e encontros sociais e de networking, que pretenden conectar as empresas tecnolóxicas coas universidades e cos centros de investigación.

Nesta edición, o galego terá especial relevancia e estará presente a través de numerosos traballos centrados no procesamento automático da lingua galega. Diego Vázquez, CEO de imaxin|software, participará no panel de discusión «Challenges and opportunities for the Portuguese/Galician-speaking language industry in the age of LLMs», que terá lugar o xoves 14 ás 14:30 h. Pola súa banda, Sofía García, lingüista computacional, fará unha demostración do «Galician–Portuguese Neural Machine Translation System» o xoves ás 16:00 e participará na presentación do «Study of the State of the Art Galician Machine Translation: English-Galician and Spanish-Galician models» o venres 15 ás 9:00 h.

Podes consultar o programa completo aquí: https://propor2024.citius.gal/index.php/final-schedule/

O PROPOR, celebrado desde 1993, é a principal conferencia no ámbito das tecnoloxías lingüísticas e da fala para a lingua portuguesa/galega. O evento celébrase cada dous anos en Brasil e Portugal, a excepción deste ano, que por primeira vez se celebra en Santiago de Compostela (Galicia). O seu obxectivo é presentar os resultados da investigación académica e tecnolóxica e a cooperación entre grupos de investigación na área.

Para máis información, pincha na seguinte ligazón: https://propor2024.citius.gal/