Especializados en tecnoloxías da lingua

20 anos desenvolvendo ferramentas lingüísticas.

Especializámonos no desenvolvemento de solucións de Procesamento da Linguaxe Natural para medios de comunicación e administracións públicas.

SOLUCIÓNS

Tradución automática

Somos especialistas na implantación e integración de sistema de tradución automática en calquera fluxo de traballo. Grazas ás nosas diferentes interfaces (API, portal web, App, etc.) e módulos totalmente personalizables a integración é unha tarefa sinxela e os nosos sistemas de post-edición facilitan a corrección das traducións. Contamos con ampla experiencia na integración en medios de comunicación e administracións públicas.

Ferramentas de corrección

As nosas aplicacións están orientadas a facilitar a produción de contidos sen erros e con calidade garantida grazas a ferramentas como correctores ortográficos, verificadores gramaticais ou correctores de linguaxe non sexista.

O corrector en rede imaxin Galgo.Net conta cun fluxo de aprobación e distribución de termos que facilita a estandarización de criterios lingüísticos dentro das organizacións.

Recoñecemento e clasificación de entidades

Este servizo permite extraer dun contido non estruturado -como unha noticia ou un informe- as entidades presentes no texto: nomes, persoas, lugares, organizacións, etc.

d

Categorización

Este servizo permite enviar unha noticia e categorizala mediante códigos IPTC.

Etiquetas (Tags)

O sistema propón tags para un texto a partir do coñecemento do contido previamente etiquetado e as taxonomías ou dicionarios. Desta forma a etiquetaxe é coherente coa política definida pola organización.

Noticias relacionadas

Este servizo permite obter, para unha noticia, outras noticias ou contidos relacionados do historial ou hemeroteca indexada.

U

Buscador

Buscador semántico avanzado que permite a relación entre entidades, análise temporal e filtros de navegación.

Recomendación de noticias

O sistema recomenda noticias en función do perfil do usuario e de usuarios con perfís semellantes.

Tes un proxecto singular?

Asesorámoste e axudamos a crear unha solución á túa medida


Non o dubides e contacta connosco, estaremos encantados de escoitarte.