
Solucións multimedia para a educación, formación e comunicación
Transformamos os teus contidos a novos formatos e soportes.
Somos pioneiros na utilización de videoxogos como ferramenta educativa.
SERVIZOS
Consultoría pedagóxica e tecnolóxica
Axudámosche a definir o teu proxecto dixital desde o punto de vista pedagóxico e como utilizar as TIC en ámbitos educativos, formativos, divulgativos, de lecer ou comunicación.
Concepto creativo
Acompañámosche na definición do concepto creativo do teu proxecto dixital. Achegamos ideas e desenvolvémolas tendo en conta o teu modelo de negocio e obxectivos, enfocándonos no usuario final.
Produción
Deseñamos, desenvolvemos e publicamos o teu proxecto dixital. Encargámonos de todas as tarefas necesarias para a creación do teu produto: análise, deseño gráfico, produción audiovisual, programación, probas, lanzamento e mantemento.
Lanzamento e promoción
Distribución en tendas dixitais, xestión de dominios, microsites de promoción e mercadotecnia dixital. Competimos cada día con miles de aplicacións, sen unha estratexia de promoción o teu proxecto pasará desapercibido.

Inspírate coas nosas solucións
Inspírate cos diferentes tipos de aplicacións e solucións que che ofrecemos. Pero se xa tes claro o que queres, podémolo desenvolver, por iso somos Factoría de Software e Multimedia.
Queres ver algúns dos nosos traballos?
Gamificación e serious games
Xogos aplicados a contornas educativas, formativas e empresariais.
En imaxin |software utilizamos xogos en contornas non lúdicas desde hai máis de 10 anos. Desenvolvemos solucións educativas e formativas aplicando técnicas e mecánicas de xogo para mellorar a aprendizaxe. Contamos con diferentes solucións:
- Simuladores de estratexia (similares a Simcity).
- Xogos de aventura (como o Monkey Island, somos moi fans desta saga 😉 ).
- Contos educativos.
- Concursos online.


Creación de cursos on-line
Transformación e creación de contidos
Convertemos os teus libros ou manuais en material dixital segundo as instrucións pedagóxicas e funcionais. Incluímos elementos multimedia para enriquecer o contido (vídeo, audio, animacións, realidade aumentada e virtual) e gamificamos a experiencia para manter a implicación.
Contamos cunha carteira de actividades que facilitan o proceso de aprendizaxe mellorando os habituais exercicios de enlazar ou verdadeiro/falso.
Publicación dixital
De papel a dixital
Transformamos os teus libros a formato dixital e se queres podémolos enriquecer con elementos multimedia. Sacámoslle todo o partido ao formato ePub3.

Tes un proxecto singular?
Asesorámoste e axudamos a crear unha solución á túa medida
Non o dubides e contacta connosco, estaremos encantados de escoitarte.