
Simplificar un proceso complexo
A creación dun sitio web implica definir os obxectivos, estruturar os contidos, decidir o ton e o deseño gráfico, o desenvolvemento técnico e a súa posta en marcha. Ademais debemos traballar o posicionamento e deseñar unha estratexia de mercadotecnia axeitada á nosa empresa. É un proceso complicado, e en moitos casos longo, que necesita a implicación dos responsables da empresa para que o seu resultado sexa sobresaínte.
SERVIZOS
Estratexia
Axudámosche na análise do problema ou do novo proxecto para xerar e buscar as posibles solucións nun traballo en equipo contigo. Este proceso necesita unha fase de investigación, definición do concepto e creación dos contidos necesarios para o proxecto.
Deseño gráfico
O deseño web involucra diferentes aspectos que se deben ter en conta, un deseño que cumpra co obxectivo do sitio e que sexa gráficamente bo, primando a usabilidade e simplicidade para facilitar a navegación dos usuarios e un desenvolvemento eficiente que siga os estándares (deseño responsive).
Programación
Utilizaremos xestores de contidos como Drupal ou WordPress ou realizaremos un desenvolvemento a medida segundo as características do proxecto. Habitualmente programamos en Php ou Java.
Lanzamento e promoción
Instalaremos a aplicación nos servidores acordados seguindo os protocolos establecidos e axudarémosche a elaborar un plan de comunicación e promoción.

Tecnoloxías ao servizo do produto
Levamos dúas décadas desenvolvendo software en todo tipo de tecnoloxías e para diferentes dispositivos. Sempre manténdonos ao día nas novas tendencias e contornas de desenvolvemento.
Agora traballamos especialmente en PHP, Java, HTML5, WordPress e Drupal.
Tes un proxecto singular?
Asesorámoste e axudamos a crear unha solución á túa medida
Non o dubides e contacta connosco, estaremos encantados de escoitarte.