Que é Lynx?
Lynx é unha solución baseada en intelixencia artificial e técnicas de Xeración Aumentada por Recuperación (RAG, polas súas siglas en inglés) que permite acceder de forma máis comprensible e precisa á información pública. O sistema está pensado para facilitar a consulta de normativas, boletíns oficiais ou contidos informativos tanto por parte da cidadanía como dos propios empregados públicos ou profesionais dos medios.
Obxectivos da xornada
- Explicaremos que é un sistema RAG e como funciona.
- Veremos os retos que supón construír un asistente intelixente fiable.
- Presentaremos o estado actual do proxecto Lynx.
- Amosaremos unha demostración real consultando o DOG.
- Analizaremos casos de uso para administracións e medios.
A quen vai dirixido
Técnicos/as, responsables de innovación, comunicación, arquivo, transformación dixital ou atención cidadá en administracións públicas e medios de comunicación.
Por que asistir
- Coñecerás unha tecnoloxía en crecemento que xa están explorando institucións de renome.
- Verás aplicacións reais e prácticas sobre como aproveitar a IA para mellorar servizos públicos.
- Poderás valorar a viabilidade de integrar unha solución como Lynx na túa organización.
Organiza
, empresa galega con máis de 25 anos de experiencia en tecnoloxías de linguaxe, localización e intelixencia artificial.
Proxecto subvencionado
Lynx forma parte das iniciativas apoiadas pola convocatoria IA360 do Igape, con financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – NextGenerationEU..
Esta operación cofinánciase nun 25 % mediante fondos propios da comunidade autónoma de Galicia e nun 75 % con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, no marco do compoñente 16, Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA).

