Datos que entenden
a linguaxe
Creamos e refinamos datasets lingüísticos de alta calidade para adestrar, avaliar ou mellorar sistemas baseados en IA e procesamento da linguaxe natural. O noso enfoque combina especialización técnica cun profundo coñecemento lingüístico e cultural.
Contamos cun equipo experto en lingüística computacional, anotación, normalización e estruturación de datos. Traballamos con corpus en múltiples idiomas, incluíndo linguas minoritarias, e en formatos adaptados a distintos modelos e tecnoloxías.
Servizos
01. Creación de datasets á medida
02. Curación e limpeza de datos
03. Tradución de datasets
04. Anotación lingüística
05. Normalización e aliñación
06. Avaliación de datasets
O impacto
dos datos
A calidade dos datos de adestramento determina o comportamento dos modelos de IA. Se os datasets conteñen nesgos ou non representan ben a realidade, estes poden reflectirse nos resultados. Por iso, curar e revisar os datos é clave para desenvolver sistemas máis xustos e representativos da diversidade social.
Por que
elixirnos?
Alta calidade lingüística e técnica
Enfoque multilingüe
Adaptabilidade e escalabilidade
Creamos datasets reutilizables, escalables e listos para distintos contornos de adestramento.
Control ético e legal
O noso
proceso
01. Definición do proxecto
Analizamos as necesidades e os requisitos para establecer unha base de traballo clara.
02. Formación do equipo
Seleccionamos as persoas profesionais máis axeitadas segundo o tipo de proxecto.
05. Tradución
Desenvolvemos o servizo utilizando os recursos definidos.
03. Recursos técnicos
Eliximos as ferramentas necesarias para garantir eficiencia e calidade.
06. Revisión
Realizamos unha revisión exhaustiva para asegurar precisión e coherencia.
04. Recursos lingüísticos
Preparamos ou creamos memorias, glosarios e guías de estilo adaptadas ao proxecto.
07. Deseño
Axustamos e remaquetamos os contidos no seu formato final, cando é necesario.
.
08. Control de calidade
Verificamos que o resultado cumpre todos os estándares e requisitos establecidos.
A calidade da túa IA
comeza nos datos
Pídenos orzamento sen compromiso.