Por que traballar
en imaxin?
En imaxin cremos nun ambiente de traballo que combina innovación, flexibilidade e desenvolvemento profesional.
Fomentamos a aprendizaxe continua mediante plans de formación adaptados a cada persoa e vinculados ao seu desenvolvemento profesional. Promovemos unha cultura de conciliación e respecto, con medidas que facilitan o equilibrio da vida laboral e persoal:
- Horario europeo
- Flexibilidade horaria e espacial
- Xornada intensiva en verán
- Calendario de vacacións flexible
- Posibilidade de adaptar a xornada por motivos formativos ou familiares
O noso compromiso coa igualdade, coa non-discriminación e coa saúde laboral forma parte da nosa identidade. Tamén aplicamos políticas sostibles, como as Compras Verdes e a reciclaxe integral de residuos, porque cremos que a responsabilidade social comeza na nosa propia contorna.
En definitiva, buscamos persoas que queiran crecer, aprender e contribuír nun equipo que valora a colaboración, a creatividade e o benestar de quen o integra.