Código
ético
En imaxin cremos que a intelixencia —humana ou artificial— só ten sentido cando se exerce con responsabilidade.
O noso Código ético e de conduta non é un trámite formal nin un documento simbólico. É unha guía vinculante que orienta como traballamos, como nos relacionamos e como tomamos decisións cada día.
Define o marco de comportamento para todas as persoas que forman parte da organización, así como para quen colabora con imaxin: clientes e clientas, persoas provedoras, institucións e comunidade científica.
O Código establece os principios que rexen a nosa actividade:
- Honestidade e transparencia na información.
- Respecto e colaboración nas relacións internas e externas.
- Igualdade de oportunidades e diversidade.
- Uso responsable da información e protección de datos.
- Cumprimento estrito da normativa en materia de competencia, anticorrupción e prevención do branqueo de capitais.
- Tolerancia cero fronte a calquera forma de violencia ou discriminación.
Estes principios son de obrigado cumprimento e forman parte da nosa cultura organizativa.
Porque a tecnoloxía non é neutral. E a nosa forma de utilizala, tampouco.
Comité de ética
e canle ética
Comité de ética
Contamos cun comité de ética encargado de:
- Interpretar e velar polo cumprimento do Código.
- Resolver consultas e denuncias.
- Investigar posibles incumprimentos.
- Propoñer medidas correctivas.
- Actualizar o contido do Código cando sexa necesario.
Actúa con independencia, confidencialidade e sen tolerar represalias.
Canle ética
Poñemos á disposición do noso equipo e grupos de interese unha canle ética confidencial para realizar consultas ou comunicar posibles incumprimentos.
As comunicacións poden realizarse a través do seguinte formulario:
Tamén podes utilizar:
- Correo electrónico: canaletico@imaxin.com
- Correo postal: Salgueiriños de abaixo, nº11 L6, C.P.: 15703 - Santiago de Compostela
Garántese a confidencialidade e a protección de datos.