Anonimización
intelixente de datos

Todas as organizacións traballan a diario con documentos que conteñen información sensible: datos persoais, identificadores, referencias internas ou información confidencial.

Okkulta permite detectar e anonimizar automaticamente información sensible en documentos, adaptándose ao contexto, ao idioma e ás necesidades de cada organización.

Sen anonimizar

NomeMaría García López
ENDEREZO ELECTRÓNICOm.garcia@empresa.com
Teléfono+34 612 345 678
DNI47 382 910 B
EnderezoCalle Mayor 14, 2º B
IBANES76 2100 0813 6101 2345 6789

Anonimizado

Nome 
Enderezo electrónico 
Teléfono+34 6** *** ***
DNI 
Enderezo 
IBANES** **** **** **** **** ****

← arrastra para comparar →

Detecta, clasifica
e protexe

Okkulta utiliza tecnoloxías de procesamento da linguaxe natural para identificar automaticamente entidades sensibles dentro dun documento e aplicar regras de anonimización configurables.

Detección automática

Configuración flexible

Anonimización segura

Simplificando
o complexo

Okkulta está dispoñible como aplicación web e como API, o que permite utilizalo tanto de forma directa como integrado en sistemas existentes.

Subir
documento

Detecta
entidades

Anonimiza
entidades

Descargar
documento

Onde a anonimización
é clave

Administración pública

Anonimización de expedientes e documentación para cumprimento normativo.

Saúde

Protección de datos en informes clínicos e documentación sanitaria.

Recursos humanos

Tratamento de currículos e documentación para procesos de selección.

Legal e cumprimento

Preparación de documentos para auditorías, análise ou publicación.

Mellora procesos 
e reduce riscos

Okkulta automatiza a protección de información sensible, reducindo riscos de exposición e eliminando tarefas manuais repetitivas. Grazas á análise do contexto lingüístico, máis aló de simples padróns ou expresións regulares, identifica con maior precisión os datos que deben anonimizarse e pode integrarse facilmente en sistemas e fluxos existentes mediante API.

Imaxe
okkulta

A privacidade
é importante

Necesitas anonimizar documentos de forma fiable?

Cóntanos o teu caso ou proba Okkulta e descubre como automatizar a protección de datos nos teus procesos documentais.