Os nosos
valores
En imaxin, a tecnoloxía só ten sentido se está ao servizo das persoas. Detrás de cada solución hai coñecemento, diálogo e unha comprensión profunda dos procesos. Aínda que traballamos con intelixencia artificial, o que realmente nos define é a intelixencia humana que a impulsa: a que escoita, conecta e transforma.
Esa forma de entender a tecnoloxía tradúcese nuns valores sólidos que guían cada proxecto e cada decisión.
Diversidade
lingüística e cultural
Traballamos para que todas as linguas sexan pontes, non barreiras. Apostamos pola preservación e pola promoción das linguas minoritarias mediante tecnoloxías lingüísticas innovadoras.
Compromiso coa excelencia e coa ética
Actuamos con integridade e rigor, aplicando os máis altos estándares de calidade e seguridade para garantir unha comunicación precisa, segura e accesible.
Especialización
como filosofía
Apostamos pola especialización en PLN, localización e IA como base para ofrecer solucións innovadoras, precisas e útiles, sustentadas na formación continua e na ética profesional que guían a nosa forma de traballar.
Innovación como
motor de mellora
continua
A mellora continua é parte do noso ADN. Innovamos para resolver problemas reais e adaptarnos ao que vén.
Transparencia
e colaboración
Traballamos con procesos auditables e certificables (CMMI nivel 3, ENS), en equipos horizontais onde cada persoa achega e conta.
Tecnoloxía
con principios
Desenvolvemos IA responsable, sen nesgos, respectuosa coa privacidade e orientada ás persoas.
Compromiso
coas persoas
Conciliación, benestar e desenvolvemento profesional forman parte de como traballamos. As persoas son o noso maior activo.
A nosa
historia
Con máis de 25 anos de traxectoria, imaxin é unha das empresas pioneiras do sector TIC galego. Naceu en 1996 da iniciativa de catro estudantes de Enxeñaría Informática co obxectivo de desenvolver proxectos multimedia innovadores nos ámbitos cultural e educativo. Co tempo, ampliou o seu alcance cara á localización de software, á enxeñaría lingüística e ao desenvolvemento de solucións baseadas en IA. Hoxe, imaxin segue evolucionando, combinando tecnoloxía, creatividade e compromiso social para mellorar a comunicación a través da linguaxe.
Equipo
directivo
Diego Vázquez
CEO
Dora Devesa
Administración e Persoas
Ángel López
CTO
Salomé Montes
Responsable área Localización
Iago Laz
Responsable área Web
Inés Rivero
Desenvolvemento de negocio
A calidade, a seguridade da información e a mellora continua son parte da nosa filosofía, que aplicamos en cada proxecto, repercutindo na satisfacción da nosa clientela. Por iso, dispoñemos dun Sistema de Xestión da Seguridade da Información baseado na Norma ISO 27001 e no RD 311/2022 (ENS): Política do Sistema Integrado de Xestión
imaxin obtivo a certificación de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade (ENS) no ámbito dos sistemas de información que dan soporte ás actividades de desenvolvemento, mantemento e explotación de software especializado en intelixencia artificial, concretamente en procesamento da linguaxe natural (tradución automática, correctores ortográficos e gramaticais) desde a infraestrutura cloud de imaxin.
Ademais, aplicamos o modelo CMMI (Capability Maturity Model Integration) nivel 3, que establece un marco de boas prácticas orientado á mellora continua dos procesos de desenvolvemento e xestión de proxectos.
