Webs que conectan 
tecnoloxía, persoas e cultura

En imaxin, entendemos a web como un espazo onde as organizacións se relacionan, comunican e constrúen confianza. Por iso, deseñamos solucións dixitais pensadas para adaptarse ás persoas, aos contidos e á evolución real de cada proxecto.

Creamos sitios web e aplicacións que combinan tecnoloxía, deseño e experiencia de uso para ofrecer contornos claros, accesibles e sostibles, capaces de crecer xunto a cada organización.

Porque unha web non debería ser só unha solución técnica. Debería axudar a explicar mellor quen es, que fas e como queres relacionarte co mundo.

Por que
Drupal

Logo Drupal

Eliximos Drupal porque comparte a nosa filosofía

Desde hai máis de 15 anos traballamos con Drupal, desde a versión 7 ata as máis recentes. É unha tecnoloxía libre, modular e segura, cunha comunidade global que comparte coñecemento para seguir evolucionando. A súa flexibilidade permítenos desenvolver portais multilingües, accesibles e escalables, adaptados tanto á administración pública como a organizacións privadas. Como imaxin, Drupal nace do diálogo entre tecnoloxía e comunidade. 

Arquitectura e
deseño UX/UI

Deseñamos experiencias dixitais que nacen do diálogo entre tecnoloxía e persoas. Coidamos todo o proceso, desde a arquitectura da información ata a interface, para crear percorridos claros, fluídos e accesibles en calquera dispositivo. O noso enfoque UX/UI, centrado nas persoas e mobile-first, apóiase en sistemas de deseño e ferramentas como Figma, que facilitan a coordinación entre deseño e desenvolvemento.

Imaxe
ramas con patrón

Desenvolvemento
e integración

Tecnoloxía sólida ao servizo da comunicación

Desenvolvemos sitios e aplicacións sobre unha base técnica robusta, modular e segura. Cada proxecto combina rendemento, escalabilidade e unha coidada integración con outros sistemas para crear contornos realmente conectados.

  • Desenvolvemento de módulos personalizados
  • Migración de datos desde outras plataformas
  • Integración con sistemas externos: DOMUS, Opentrad, Gaio, entre outros
  • Xestión multilingüe avanzada, con módulo de tradución integrado coa nosa plataforma propia
  • Cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade (ENS)

Mantemento
e seguridade

Acompañamos cada proxecto máis aló do seu lanzamento. Ofrecemos mantemento correctivo e evolutivo, soporte técnico e xestión de contidos para asegurar que cada web siga viva, segura e actualizada co paso do tempo.

Xestión e alimentación de contidos

Soporte lingüístico e editorial con estándares de calidade.

Mantemento técnico

Actualizacións seguras e monitorización constante.

Auditorías e accesibilidade

Revisión continua de rendemento e cumprimento de estándares.

Seguridade

Desenvolvementos certificados baixo o Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
Webs desenvoltas por imaxin

Características
clave

separador madera

Proceso
de traballo

Un proceso áxil, transparente e humano

Aplicamos unha metodoloxía Scrum, que nos permite traballar de forma iterativa, priorizando o importante e entregando valor de maneira continua. Cada sprint é un diálogo entre o equipo técnico, o/a cliente e as persoas usuarias finais.

Análise e
planificación

Arquitectura e
deseño UX/UI

Desenvolvemento e
integración

Probas e
validación

Despregamento
e formación

Mantemento e
mellora continua

A nosa
experiencia

Levamos máis de 15 anos crecendo xunto a Drupal, xestionando múltiples sitios web da administración pública, garantindo coherencia técnica, visual e lingüística. A nosa experiencia abarca proxectos institucionais, culturais e asociativos, como os portais de AGADIC, Museos da Xunta de Galicia, Colexio de Economistas de A Coruña, Ourense e Pontevedra, COAFGA e diversas fundacións culturais, cun firme compromiso coa comunicación multilingüe e coa cultura local. 

Quen confía
en imaxin

Tes un proxecto?

Pídenos orzamento sen compromiso.