Aválannos máis de 20 anos de experiencia en localización de software
Ofrecemos solucións de tradución e localización adaptadas ás particularidades de cada proxecto. Combinamos máis de 20 anos de experiencia en tecnoloxías lingüísticas con equipos multidisciplinares para garantir resultados precisos, coherentes e aliñados cos teus obxectivos.
Traballamos con profesionais da tradución nativos especializados, e utilizamos ferramentas avanzadas para asegurar a máxima calidade lingüística e técnica en calquera formato. A nosa experiencia en localización de software permítenos crear contidos que conectan de forma natural con cada persoa usuaria.
Servizos
01. Tradución xeral e técnica
02. Localización de software, apps e webs
03. Postedición
04. Revisión ou proofreading
05. Transcrición
06. Subtitulación
07. Tradución e edición de imaxes
08. Adaptación a lectura fácil
09. Tradución automática
Por que
elixirnos?
Equipos multidisciplinares
Nos nosos equipos colaboran profesionais da tradución, lingüistas, especialistas en desenvolvemento e deseño para ofrecer solucións completas e coordinadas.
Proxectos complexos
Abordamos proxectos de grande envergadura e alta esixencia técnica con solvencia e experiencia.
Xestión 360°
Calidade
Aplicamos controis rigorosos e ferramentas avanzadas para garantir resultados consistentes e fiables.
Puntualidade
Personalización
Deseñamos solucións á medida para cada proxecto. Se non existe, créamolo.
Innovación
Incorporamos continuamente novas tecnoloxías e enfoques para mellorar os nosos procesos e resultados.
Proceso
01. Definición do proxecto
Analizamos as necesidades e os requisitos para establecer unha base de traballo clara.
02. Formación do equipo
Seleccionamos as persoas profesionais máis axeitadas segundo o tipo de proxecto.
06. Revisión
Realizamos unha revisión exhaustiva para asegurar precisión e coherencia.
03. Recursos técnicos
Eliximos as ferramentas necesarias para garantir eficiencia e calidade.
07. Deseño
Axustamos e remaquetamos os contidos no seu formato final, cando é necesario.
04. Recursos lingüísticos
Preparamos ou creamos memorias, glosarios e guías de estilo adaptadas ao proxecto.
08. Control de calidade
Verificamos que o resultado cumpre todos os estándares e requisitos establecidos.
05. Tradución
Desenvolvemos o servizo utilizando os recursos definidos.
09. Entrega
Entregamos o proxecto no formato e no prazo acordados.
ola
10. Axustes finais
Incorporamos melloras ou cambios segundo as necesidades tras a entrega.