A nosa forma
de crecer
En imaxin entendemos a sostibilidade como unha forma de respecto: respecto polas persoas, as linguas, a contorna e as xeracións futuras.
Somos unha empresa tecnolóxica, e aínda que o noso impacto non sempre é visible, existe: na enerxía que consumimos, na cadea de valor que activamos, na información que xestionamos e na tecnoloxía que desenvolvemos.
Por iso integramos criterios ambientais, sociais e de bo goberno na nosa estratexia. Non como unha obrigación formal, senón como unha forma responsable de innovar e crecer.
A sostibilidade non é un departamento, é unha cultura.
Política de
sostibilidade
A nosa Política de sostibilidade establece os principios que guían a nosa actuación en materia ambiental, social e de gobernanza (ESG), aliñados coa nosa visión e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Define compromisos, responsabilidades e sistemas de supervisión que garanten que as nosas decisións empresariais xeren valor económico sen comprometer o benestar social nin o equilibrio ambiental.
Como
actuamos
Tecnoloxía responsable coa contorna
Promovemos unha xestión eficiente dos recursos e avanzamos cara a un modelo de menor impacto ambiental. Impulsamos a redución progresiva de emisións, a optimización enerxética das nosas infraestruturas e o uso responsable de recursos dixitais. Aplicamos principios de economía circular na selección de materiais e de persoas provedoras, e fomentamos a redución, a reutilización e a reciclaxe. Como empresa TIC, tamén contribuímos mediante o deseño eficiente do software e a optimización tecnolóxica.
Desenvolvemento que pon as persoas no centro
Gobernanza transparente e responsable
O crecemento sostible esixe regras claras. Actuamos baixo principios de transparencia, integridade e cumprimento normativo. A supervisión da nosa Política de sostibilidade corresponde ao órgano de goberno, que revisa periodicamente a súa aplicación para garantir a mellora continua e a adaptación a novos retos reguladores e sociais. A ética e a sostibilidade forman parte da mesma conversa.
Revisión anual da Política de sostibilidade
Revisamos anualmente a nosa Política de sostibilidade, asegurando a súa actualización e o seu aliñamento cos novos retos reguladores, sociais e ambientais.
Criterios na selección de provedores
Aplicamos criterios ambientais e sociais na selección de persoas provedoras, integrando a sostibilidade na nosa cadea de valor.
Cumprimento do Código ético e de políticas
Garantimos o cumprimento efectivo do Código ético e das políticas internas vinculadas, reforzando unha gobernanza transparente e responsable.
Impulso de proxectos aliñados cos ODS
Desenvolvemos proxectos aliñados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), especialmente aqueles vinculados á innovación tecnolóxica, á igualdade, á educación e ao fortalecemento institucional.
Igualdade, conciliación e desenvolvemento profesional
Promovemos activamente a igualdade de oportunidades, a conciliación e o desenvolvemento profesional continuo como parte da nosa responsabilidade social empresarial.
Colaboración e
cadea de valor
Entendemos que o impacto non remata na nosa organización.
Traballamos con persoas provedoras e colaboradoras que comparten os nosos principios éticos, sociais e ambientais. Fomentamos relacións baseadas na transparencia, no cumprimento normativo e na responsabilidade compartida.
A transición cara a un modelo máis sostible é colectiva. E esixe coherencia en toda a cadea de valor.
Innovar implica
asumir responsabilidade
En imaxin desenvolvemos tecnoloxía que crea valor económico, social e cultural, integrando sostibilidade en cada decisión estratéxica.
Porque reducir impacto e aumentar valor social non son obxectivos opostos; van na mesma dirección.