IA que comprende 
e conecta o coñecemento 
da túa organización

As organizacións xa teñen o coñecemento. O problema é atopalo, comprendelo e acceder a el no momento adecuado.

En imaxin, desenvolvemos asistentes intelixentes capaces de interpretar documentación complexa, conectar información dispersa e responder en linguaxe natural con contexto e rastrexabilidade.

 

Solicitar DemoDescUbre Lynx

 

Coñecemento
disperso e inaccesible

Os procedementos internos, os boletíns oficiais, a normativa, os expedientes, a documentación técnica ou as bases documentais xeran diariamente grandes volumes de información difíciles de consultar e de manter actualizados.

Isto provoca dependencia de persoas concretas, tempos de busca elevados e dificultades para acceder rapidamente a respostas fiables.

A información existe. O reto é transformala en coñecemento útil.

IA conectada á
túa documentación

Os nosos asistentes intelixentes permiten consultar documentación mediante linguaxe natural, localizar información relevante e xerar respostas contextualizadas utilizando exclusivamente fontes documentais autorizadas.

Lynx: acceso intelixente 
a información complexa

Lynx é a nosa plataforma de asistentes intelixentes baseada en IA e busca semántica avanzada.

Deseñada para traballar sobre documentación especializada, permite consultar información complexa de forma rápida, natural e contextualizada.

Coñece Lynx

Imaxe
Captura de Lynx
separador madera

IA xerativa conectada
ao coñecemento

As nosas solucións combinan modelos de linguaxe, busca semántica e técnicas de recuperación documental (RAG) para xerar respostas máis fiables e contextualizadas.

O sistema recupera información relevante desde as fontes documentais antes de xerar a resposta, reducindo alucinacións e mellorando a precisión do resultado.

IA segura
e controlada

Deseñamos asistentes intelixentes orientados a contornos onde a fiabilidade da información é crítica: administración pública, documentación técnica, procedementos internos ou coñecemento corporativo. Sistemas capaces de ofrecer respostas claras e contextualizadas a partir de información validada, reducindo tempos de busca e facilitando o acceso ao coñecemento de forma segura e eficiente.

Rastrexabilidade das respostas

Cada resposta pode vincularse ás fontes documentais utilizadas para xerala.

Avaliación e mellora continua

Monitorizamos e avaliamos continuamente o comportamento do sistema para mellorar a precisión e a fiabilidade.

Despregamento en cloud ou infraestrutura propia

A solución pode adaptarse a contornos cloud, híbridos ou instalacións internas.

Control de acceso e privacidade

A información xestiónase respectando os permisos, a confidencialidade e as políticas de acceso.

Soporte multilingüe e linguas minorizadas

Tecnoloxía preparada para traballar en diferentes idiomas, incluíndo entre outros galego, catalán e asturiano.

IA xerativa conectada
ao coñecemento

Os nosos asistentes poden adaptarse a diferentes tipos de información, de procesos e de necesidades de interacción, ofrecendo respostas contextualizadas e fiables tanto para uso interno como para a atención á clientela, á cidadanía ou a equipos especializados.

  • Consulta de normativa e boletíns oficiais
  • Asistentes internos para persoas empregadas
  • Acceso intelixente a documentación técnica
  • Soporte documental e administrativo

Converte documentación
complexa en respostas útiles

En imaxin, entendemos a IA como unha ferramenta para facilitar o acceso ao coñecemento, reducir barreiras e facer máis comprensible a información complexa.

Queres saber máis ou descubrir como aplicar estas tecnoloxías ao teu proxecto?