Financiación FEDER
IA360
IG408M

PROXECTO LYNX (Language & INformation eXtraction Assistant): Nova xeración de asistentes intelixentes para a transformación dixital das empresas e administracións (Chatbot RAG) DA EMPRESA Factoría de Software e Multimedia, S. L. Expediente IG408M-2025-000-000133 / ORZAMENTO DO PROXECTO: 204.091,70 €
Ao abeiro da resolución da convocatoria IG408M-IA360. Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados na intelixencia artificial.
Esta operación cofinánciase nun 25 % mediante fondos propios da comunidade autónoma de Galicia e nun 75 % con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia no ámbito do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, dentro do compoñente 16, Estratexia nacional de intelixencia artificial.
Plan personalizado
Implantación Ciberseguridade

«Factoría de Software e Multimedia, S. L. foi beneficiaria de Fondos Europeos, cuxo obxectivo é a mellora da competitividade das pemes. Grazas a estes fondos, puxo en marcha un Plan de acción (Plan personalizado de implantación de ciberseguridade) co obxectivo de impulsar o uso seguro e fiable do ciberespazo e a competitividade das pemes durante o ano 2024. Para iso, contou co apoio do Programa Pyme Cibersegura da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
#EuropaSeSiente»
Plan personalizado
Implantación Pyme Innova

«Factoría de Software e Multimedia, S. L. foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Grazas a este fondo, puxo en marcha un Plan de acción (Plan personalizado de implantación Pyme Innova) co obxectivo de mellorar a competitividade empresarial, apoiada na innovación da peme, durante o ano 2024. Para iso, contou co apoio do Programa Pyme Innova da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
#EuropaSeSiente»
Asesoramento
especializado
Programa Conecta COVID
IN852D 2021/20

Programa Conecta COVID IN852D 2021/20
PLATAFORMA DE APOIO A PACIENTES AFECTADOS POLA COVID PERSISTENTE BASEADA EN INTELIXENCIA ARTIFICIAL (COPERIA)
Axuda concedida ao abeiro da Resolución do 3 de decembro de 2021, pola que se conceden as axudas do programa Conecta COVID para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852D 2021/20). As axudas concedéronse como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de COVID-19. Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación. Financiado con cargo a fondos FEDER. O proxecto foi apoiado pola Vicepresidencia Segunda e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Importe total da subvención: 643.247,78 €
O proxecto COPERIA está orientado ao desenvolvemento e á validación clínica dunha plataforma multidisciplinar e integral, baseada en intelixencia artificial para o diagnóstico, o apoderamento, a rehabilitación holística e personalizada, así como a xestión clínica de pacientes afectados pola COVID persistente.
O consorcio do proxecto COPERIA está formado por Bahía Software S.L.U., 10 METS S.L., imaxin, a Fundación Biomédica Galicia Sur e, por parte da Universidade de Vigo, o Grupo de Tecnoloxías Multimedia (GTM) e o Laboratorio de Informática Aplicada (LIA2).
Igape IG240
dixitalización Industria 4.0
Igape
Re-acciona
Cámara
Sistema seguridade

«Factoría de Software e Multimedia, S. L. foi beneficiaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional cuxo obxectivo é mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e das comunicacións e o acceso a elas. Grazas a este fondo, desenvolveu a implantación dun sistema de seguridade da información para a mellora da competitividade e da produtividade da empresa. 21/10/2021. Para iso, contou co apoio do Programa Ciberseguridade da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela».
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Unha maneira de facer Europa.