Aviso
Legal

1. Aviso Legal

En cumprimento do artigo 10.1 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico (LSSI) indícanse os datos identificativos da entidade: Responsable: FACTORÍA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA, S. L. (en diante, "imaxin") CIF: B70001912 Enderezo social: Salgueiriños de abaixo 11 Local 6 15703, Santiago de Compostela (A Coruña) Enderezo electrónico de contacto: lopd@imaxin.com Datos rexistrais: inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, T 3000, F 150, S 8, H C 36633 Marca rexistrada a nivel nacional (OEPM): "imaxin". Expediente M2578144.

2. Política de privacidade

Mediante a presente Política de privacidade, a persoa usuaria queda informada de forma clara, precisa e concisa. Se a persoa usuaria a acepta, dará o seu consentimento de forma libre, informada, específica e inequívoca para que imaxin trate os seus datos persoais, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 relativo á protección das persoas físicas, mediante o tratamento dos seus datos persoais e a súa libre circulación (RXPD) e á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) (lexislación europea e nacional vixente sobre a materia de protección de datos).

2.1. Quen é o responsable do tratamento?

Os datos identificativos do responsable indícanse no apartado 1.

2.2. Que información da persoa usuaria recompilamos e tratamos?

  • A través do enderezo electrónico corporativo: a través de imaxin@imaxin.com poderás escribirnos ou requirir a información que consideres necesaria para aclarar as dúbidas relacionadas cos nosos servizos.
  • Formulario de contacto: na nosa páxina web atoparás a opción de escribirnos para aclarar todas as dúbidas que teñas en relación co funcionamento dos nosos produtos/servizos ou calquera outra cousa que necesites. Para contestar, contactarémoste a través do enderezo electrónico ou do número de teléfono, se nolo indicaches.

No caso de que a persoa usuaria nos facilite datos de terceiras persos, asumirá a responsabilidade de informalas previamente e ter o seu consentimento para iso, conforme ao artigo 14 do RXPD.

2.3. Con que finalidade tratamos os datos persoais da persoa usuaria?

imaxin realiza un tratamento dos datos persoais coas finalidades que se expoñen a continuación, en función do motivo polo cal foron facilitados:

  • Contactar, tramitar, xestionar e dar resposta á petición, solicitude, incidencia ou consulta da persoa usuaria.
Unicamente se lle enviarán con información asociada se dá o seu consentimento expreso para ese propósito Recepción de currículos evita

2.4. Cal é a lexitimación do tratamento dos datos da persoa usuaria?

A base legal para o tratamento dos seus datos persoais para as finalidades expostas no apartado anterior: 1) é a execución da prestación do servizo correspondente, e é unha obriga imperativa para iso.

Para as finalidades 2) e 3) será necesario o consentimento expreso da persoa usuaria.

2.5. Durante canto tempo tratará imaxin os datos persoais da persoa usuaria?

  • Os datos para a xestión de consultas e solicitudes conservaranse durante o tempo necesario para darlle resposta aos mesmos e, no seu caso, mentres a parte interesada non solicite a retirada do seu consentimento para enviarlle información relacionada coa súa consulta.
  • No caso de facilitar un CV a través dos medios facilitados, o prazo de conservación será como máximo de dous anos.

2.6. A que destinatarios/as se lles comunicarán os datos persoais da persoa usuaria?

Como regra xeral, os seus datos non serán cedidos a terceiras persoas salvo que exista unha obriga legal ou sexa necesario para levar a cabo a prestación do servizo. Tendo isto en conta:

  • Os datos persoais da persoa usuaria poderían ser comunicados ás entidades financeiras a través das que se articule a xestión de cobros e pagos.
  • Tamén poderían ser comunicados ás Administracións públicas competentes nos casos previstos pola lei.
  • No seu caso, tamén serán comunicados ás persoas encargadas do tratamento de imaxin para a correcta prestación do servizo.

2.7. Cales son os dereitos da persoa usuaria?

Calquera persoa usuaria que facilite os seus datos persoais a imaxin poderá exercer os seguintes dereitos:

  • Acceso, rectificación, oposición, supresión, portabilidade e limitación do tratamento, así como rexeitamento do tratamento automatizado dos datos persoais recollidos por imaxin.
  • Así mesmo, toda persoa usuaria terá dereito a retirar o consentimento que outorgara en calquera momento.

Estes dereitos poderán ser exercitados gratuítamente pola persoa usuaria, facendo referencia á petición que se concreta na solicitude a través dos datos de contacto que figuran no apartado 1 (enderezo social ou enderezo electrónico).

imaxin lémbralle á persoa usuaria que ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control pertinente, sempre que considere que foron vulnerados os seus dereitos. A autoridade competente en España é a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

2.8. Como se revogan as comunicacións comerciais e promocionais?

A persoa usuaria ten dereito a revogar o seu consentimento prestado en calquera momento para o envío de comunicacións comerciais, simplemente notificándollo a imaxin e indicando que non desexa seguir recibindo estas comunicacións. Para iso, a persoa usuaria poderá revogar o seu consentimento facendo referencia á súa petición a través dos datos de contacto que figuran no apartado 1.

2.9. Que medidas de seguridade temos implementadas?

imaxin comprométese ao cumprimento da obriga de segredo dos datos persoais e do seu deber de gardalos, tratando os datos persoais da persoa usuaria en todo momento de forma absolutamente confidencial, adoptando para este fin as medidas de índole técnica e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos seus datos e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos aos que están expostos.

2.10. Política en redes sociais

imaxin dispón dun perfil corporativo nas redes sociais de Facebook, Twitter e LinkedIn.

Por tanto, imaxin é o "Responsable do tratamento dos teus datos" en virtude da existencia destes perfís nas redes sociais e ante o feito de que nos sigas e en virtude diso tamén te poidamos seguir.

O anterior significa que se decides seguir o noso perfil corporativo ou dar un "Gústame" aos nosos contidos ou ao perfil, aceptas a presente política, onde che explicamos os teus dereitos e como utilizamos os teus datos.

En calidade de responsable do tratamento dos teus datos, garantimos a confidencialidade no tratamento e o cumprimento dos teus dereitos, sempre baixo os efectos da normativa vixente sobre protección de datos.

Por outra parte, informámoste de que utilizaremos estas redes sociais para anunciar as noticias ou información relevante relacionada cos servizos que ofrecemos, así como sobre temas que consideremos que son do teu interese. Usando as funcionalidades das devanditas plataformas, é posible que recibas no teu taboleiro ou no teu perfil noticias con este tipo de información.

Agora ben, tamén te informamos de que non existe ningún vínculo entre imaxin e estas plataformas ou redes sociais, polo que aceptarás a súa política de uso e condicións unha vez accedas ás mesmas ou valides os seus avisos e termos e condicións no procedemento de rexistro. imaxin non será responsable do uso ou do tratamento dos teus datos que se realice fóra da estrita relación e prestación de servizos indicados nesta política.

3. Propiedade intelectual e industrial

Advertímosche que imaxin é titular de todos os dereitos da propiedade intelectual e industrial da páxina web, así como de todos os seus elementos (con carácter enunciativo: imaxes, sons, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais utilizados, programas de ordenador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso etc.).

A páxina web contén textos que pretenden informar as persoas usuarias e a clientela. Calquera erro ou omisión no contido xerado non fará responsable en ningún caso a imaxin.

4. Modificacións no texto legal 

imaxin poderá modificar este texto legal de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. En todo caso, calquera modificación do Aviso Legal e da Política de privacidade seralle debidamente notificada á persoa usuaria para que quede informada dos cambios realizados no tratamento dos seus datos persoais e, no caso de que a normativa aplicable así o esixa, a persoa usuaria poida outorgar o seu consentimento.

5. Normativa e xurisdición

Os nosos textos legais réxense pola lexislación española. Estes textos permanecerán accesibles para as persoas usuarias en todo momento desde a nosa páxina web.

Se as partes non acordasen someterse á mediación ou arbitraxe previamente, no presente Aviso Legal establécese o acordo de someterse aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, con renuncia expresa a calquera outra xurisdición.