API
API de tradución
automática
Conecta os teus sistemas coa intelixencia lingüística de imaxin
A nosa API permite integrar a tecnoloxía de tradución automática de imaxin nas túas aplicacións, fluxos editoriais ou contornos corporativos, con total seguridade e flexibilidade.
Que é e
para quen
Unha API pensada para equipos de integración, desenvolvemento e xestión de contido
A API de imaxin ofrece acceso directo aos nosos motores de tradución automática híbridos e neuronais. Está deseñada para integrarse facilmente en CMS, sistemas documentais, fluxos de publicación ou aplicacións corporativas.
Funcionalidades
principais
Todo o que necesitas para unha tradución áxil
A API ofrece unha conexión directa coa tecnoloxía de Opentrad, a plataforma de tradución automática de imaxin, e permite personalizar a experiencia segundo o tipo de contido e a lingua de destino.
Tradución de texto plano e documentos (DOCX, XML, HTML, PDF etc.)
Mantemento do formato orixinal
Soporte para fluxos multilingües
Sistemas de postedición automática
Avaliación de calidade e métricas BLEU internas
Rexistro seguro e rastrexabilidade de traducións
Seguridade e
control de calidade
Seguridade, precisión e trazabilidade
A API de imaxin cumpre cos estándares de seguridade esixidos pola administración pública e empresas tecnolóxicas. Todos os datos se procesan en contornos controlados, sen almacenar textos traducidos salvo petición expresa da parte cliente.
Privacidade e cifraxe en tránsito e en repouso
Rexistro seguro e rastrexabilidade de traducións
Personalización
e soporte
Personaliza a túa experiencia de tradución
Cada organización ten necesidades diferentes. A nosa API permite adaptar os modelos de tradución, priorizar terminoloxía específica ou incorporar glosarios propios para cada caso.
- Asistencia técnica para integración
- Adestramento de modelos específicos
- Monitorización e estatísticas personalizadas
Conecta a túa tecnoloxía coa
nosa intelixencia lingüística
En imaxin, a tradución automática non é só un servizo: é o resultado de máis de 25 anos de investigación en procesamento da linguaxe natural.