Proxecto Lynx: IA para unha información pública máis accesible

Sobre a sesión

Como pode a intelixencia artificial facilitar o acceso á información pública?

Nesta xornada de demostración, imaxin presentou Lynx, unha solución baseada en intelixencia artificial e técnicas de Xeración Aumentada por Recuperación (RAG) que permite consultar información pública en linguaxe natural.

A sesión abordou o funcionamento desta tecnoloxía, os retos que implica desenvolver un asistente intelixente fiable e as posibilidades de aplicación de Lynx no ámbito das administracións públicas e dos medios de comunicación.

 

Contidos

  • Sistemas RAG e información pública
    Unha introdución ao funcionamento dos sistemas de Xeración Aumentada por Recuperación e á súa aplicación para facilitar a consulta de grandes volumes de información.
  • Os retos dun asistente intelixente fiable
    Que implica construír un sistema capaz de ofrecer respostas baseadas en información pública e que aspectos deben terse en conta para garantir a súa fiabilidade.
  • Presentación de Lynx
    Unha visión do estado do proxecto, das tecnoloxías empregadas e das posibilidades que ofrece para consultar información procedente de fontes públicas.
  • Demostración práctica
    Unha demostración en directo do prototipo de Lynx mediante consultas sobre o Diario Oficial de Galicia (DOG).
  • Casos de uso
    Exemplos de aplicación da solución no ámbito das administracións públicas e dos medios de comunicación, especialmente para a consulta de información normativa, documental e informativa.

 

Persoas relatoras

Diego Vázquez
CEO
Sofía García
Lingüista computacional
Inés Quintana
Analista programadora

 

Sobre Lynx

Lynx é unha solución baseada en intelixencia artificial e técnicas de Xeración Aumentada por Recuperación (RAG) que facilita o acceso e a consulta da información pública.

O sistema está pensado para traballar con fontes como boletíns oficiais, normativas ou contidos informativos, e permite realizar consultas en linguaxe natural e acceder á información dunha forma máis comprensible e precisa.

A solución está orientada tanto á cidadanía como a persoal empregado público e profesionais dos medios de comunicación, e busca explorar novas formas de aproveitar a intelixencia artificial para mellorar o acceso aos contidos públicos.

 

Repercusión

A presentación de Lynx foi recollida por diferentes medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia, Código Cero e Ulises Galicia.

 

Financiamento

Lynx forma parte das iniciativas apoiadas pola convocatoria IA360 do Igape, con financiamento do Plan de recuperación, transformación e resiliencia – NextGenerationEU.

Esta operación está cofinanciada nun 25 % mediante fondos propios da comunidade autónoma de Galicia e nun 75 % con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, dentro do compoñente 16, Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA).

Tes un proxecto?

Pídenos orzamento sen compromiso.