Máis de 20 anos transformando a aprendizaxe en experiencias dixitais interactivas

Deseñamos solucións educativas que combinan pedagoxía, tecnoloxía e creatividade. Desde aplicacións ludificadas e serious games ata cursos en liña e narrativas dixitais, creamos contidos accesibles e multilingües. 

O noso enfoque integra deseño sonoro, ilustración propia e ferramentas de apoio á docencia, asegurando que cada recurso sexa intuitivo e eficaz en calquera contorno dixital ou LMS.

A nosa
traxectoria

Nacemos coa vocación de converter a aprendizaxe nunha aventura, fito que marcamos en 2001 con O misterio das 7 pezas, a primeira aventura gráfica en galego ambientada en Santiago. Desde entón, desenvolvemos máis de 60 proxectos para editoriais, universidades e administracións públicas, con casos de éxito como os cursos Celga, o proxecto COPERIA ou títulos como Keco e a busca da Ecopanda.

Fieis aos nosos valores, creamos contidos con impacto positivo en áreas como a concienciación medioambiental, a promoción lingüística e os hábitos saudables. Hoxe, seguimos evolucionando as nosas ferramentas de aprendizaxe e ludificación para ofrecer recursos que informan e poñen en valor a nosa lingua e cultura.

Servizos

01. Apps educativas interactivas

02. Cursos en liña

03. Serious games

04. Narrativas dixitais

05. Creación de contidos dixitais

06. Integración en plataformas existentes

Servizos
complementarios

Servizos que completan e enriquecen cada proxecto

Ademais do desenvolvemento integral de aplicacións e contidos educativos, ofrecemos servizos complementarios que permiten adaptar, mellorar e ampliar cada proxecto segundo as súas necesidades. Desde a accesibilidade e a localización ata a voz, a ilustración ou os materiais de apoio, coidamos cada detalle para que a experiencia educativa sexa completa, inclusiva e de calidade.

Imaxe de fondo

Proxectos
destacados

Por que
elixirnos?

Solucións totalmente personalizadas

Creamos desde cero ou adaptamos aplicacións segundo os teus obxectivos educativos.

Enfoque pedagóxico e tecnolóxico

Combinamos deseño instrucional, experiencia da persoa usuaria e desenvolvemento de software.

Aprendizaxe accesible e inclusiva

Integración de accesibilidade e lectura fácil desde o deseño inicial.

Proxectos escalables e sostibles

Pensamos na evolución, no mantemento e na reutilización de contidos a longo prazo.

Tes un proxecto?

Pídenos orzamento sen compromiso.