Tecnoloxía que
comprende a linguaxe
Aplicamos intelixencia artificial para analizar, comprender e xerar linguaxe natural.
O procesamento da linguaxe natural (PLN) é o corazón dese diálogo: a disciplina que permite que as máquinas entendan e traballen coa linguaxe humana.
Desenvolvemos solucións que transforman o texto en coñecemento útil, melloran procesos e abren novas formas de comunicación entre as persoas e os sistemas.
Que é e
por que importa
A linguaxe é o maior dato que xeramos cada día.
Cada correo, cada informe ou conversa contén información valiosa. O PLN permite que as máquinas a procesen: analicen, clasifiquen, relacionen e convertan en coñecemento accionable. En imaxin, aplicámolo para que administracións e empresas traballen mellor cos seus propios datos lingüísticos.
Servizos
e aplicacións
Solucións PLN que entenden e respectan a linguaxe
Combinamos modelos de IA e coñecemento lingüístico para desenvolver ferramentas á medida que procesan e entenden o texto humano.
Casos
de uso
Onde a intelixencia da linguaxe xa está marcando a diferenza
As nosas solucións de PLN poden aplicarse en calquera contorno onde exista información textual e necesidade de comprendela, clasificala ou automatizar procesos relacionados coa linguaxe.
Algúns exemplos:
Cultura e medios
Desenvolvemento de portais de consulta lingüística e hemerotecas dixitais con busca por palabras, conceptos ou datas.
Administración pública
Sistemas de anonimización e normalización de documentos para protexer datos persoais.
Medios de comunicación
Indexación, clasificación e explotación intelixente de contidos.
Investigación e lingüística
Creación e explotación de corpus textuais para a análise de uso e variación lingüística.
Empresa privada e banca
Procesamento documental, análise semántica e automatización textual.
Anonimización
intelixente
Protección automática de información sensible
Desenvolvemos okkulta como unha solución de anonimización capaz de detectar e protexer automaticamente datos persoais ou sensibles dentro de documentos, expedientes ou bases textuais.
Esta ferramenta permite reducir riscos, facilitar o cumprimento normativo e automatizar procesos documentais en contornos públicos e privados.
Entre as súas aplicacións, atópanse:
- Anonimización de documentación administrativa.
- Protección de datos en contornos sanitarios e xurídicos.
- Tratamento seguro de currículos e documentación de RRHH.
- Preparación de datos para IA e análise documental.
Diversidade
lingüística
Porque todas as linguas merecen ser entendidas
Traballamos coas linguas que mellor coñecemos e que máis o necesitan: galego, catalán, valenciano, balear e asturiano, ademais de español e inglés.
Desenvolvemos recursos, modelos e corpus lingüísticos para que a intelixencia artificial tamén fale e entenda a diversidade.
Un compromiso que forma parte da nosa esencia: unir tecnoloxía e cultura.
Desenvolvemento á medida
Deseñamos solucións que se adaptan a cada organización.