Linguaxe non sexista na empresa: guía práctica para evitar o masculino xenérico

Como inflúe a linguaxe na cultura empresarial

As palabras non son neutras: constrúen significados, xeran imaxes mentais e contribúen a definir como percibimos a realidade. No ámbito laboral, a linguaxe non só transmite información, senón que tamén reflicte a cultura e os valores da organización. A forma en que nomeamos as persoas, os cargos ou os equipos inflúe en como se percibe a realidade dentro e fóra da empresa. Durante décadas, o uso do masculino xenérico aceptouse como unha norma neutra. Con todo, a realidade sociolingüística actual móstranos que aquilo que non se nomea dificilmente ocupa un lugar visible no imaxinario colectivo. Cando a linguaxe utiliza exclusivamente o masculino para referirse a grupos mixtos, a representación mental que adoita xerarse é tamén masculina, o que pode contribuír a invisibilizar as mulleres e outras identidades de xénero, cuxa presenza queda diluída na representación colectiva.

 

Exemplos de infrarrepresentación na comunicación corporativa

Un exemplo habitual desta infrarrepresentación son os modelos de documentos corporativos. En moitas organizacións, estes modelos veñen configurados en masculino por defecto e non sempre se poden modificar facilmente, o que limita a inclusión na comunicación oficial. Algo similar ocorre con formularios, instrucións de uso ou comunicados internos, onde os termos masculinos se utilizan por inercia. Mesmo en correos ou mensaxes corporativas, a forma de dirixirse ao equipo pode que non reflicta explicitamente a diversidade das persoas que forman parte da organización. Estes casos mostran como ferramentas de uso cotián poden reforzar padróns de representación desigual se non se revisan de forma consciente.

 

Cara a unha comunicación máis representativa

Co obxectivo de avanzar cara a unha comunicación máis representativa, recompilamos unha serie de recursos lingüísticos que permiten evitar o uso do masculino xenérico sen perder claridade nin naturalidade nos textos. Esta guía práctica está pensada como un recurso de consulta para empresas e departamentos de comunicación, e ofrece ferramentas que facilitan a adaptación de mensaxes internas e externas. Cada organización pode seleccionar as estratexias que mellor se axusten ao seu contexto e aplicalas de forma coherente dentro da súa propia guía de estilo para que a comunicación reflicta de maneira tanxible os seus valores.

Substantivos 
colectivos, 
perífrases e 
expresións neutras

Os empregados 
Os funcionarios            
Os investigadores            
Os médicos            
Os enxeñeiros             
Os técnicos            
Os xerentes 
O persoal, o cadro de persoal
O funcionariado   
O persoal investigador   
O equipo médico   
Quen se dedica á enxeñaría   
O persoal técnico   
A xerencia  

Formas
dobres

Búscase tradutor audiovisual

Os traballadores deben asinar o documento  
Búscase tradutor ou tradutora audiovisual   
As traballadoras e os traballadores deben asinar o documento   

Eliminar
marcas
de xénero
innecesarias

O abaixo asinante declara… 

Os participantes do curso… 
Quen abaixo asina declara… 

Cada participante do curso... 

Antepoñer
a palabra
«persoa» 

Os usuarios 

Interesados 
As persoas usuarias  

Persoas interesadas 

Evitar
masculinizar 
ou feminizar
profesións 

Chámome Laura e son a presidente da compañía 

María é a enxeñeira xefe 
Chámome Laura e son a presidenta da compañía

María é a enxeñeira xefa 

Omitir 
a referencia
directa 
ao suxeito  

O solicitante deberá encher o impreso 

O empregado deberá enviar o informe
Encherase o impreso 
Encher o impreso 

Enviarase o informe 

Usar formas
concretas  

Os xerentes, Marta e Javier, aprobaron o plan 

Os directores de márketing e vendas participaron na reunión 
A xerente Marta e o xerente Javier aprobaron o plan 

A directora de márketing e o director de vendas participaron na reunión 

Usar 
determinantes
e pronomes
neutros 

A asociación convocou os membros 

Todos os responsables 

… onde non traballa ningún dos seus ocupantes 

O que / Aquel que presenta la demanda… 
A asociación convocou a cada membro  


Cada responsable  

onde ninguén traballa

Quen presenta a demanda... 

Barras, @ ou x 

Todos os compañeiros Tod@s @s compañeir@s 

Todxs xs compañeirxs 

Todos/as os/as compañeiros/as 

Engadir unha 
nota informativa 

Neste documento faise referencia a mulleres e a homes; pódese usar indistintamente o feminino ou o masculino. 

 

Como escoller a estratexia adecuada

A elección dunha estratexia ou outra dependerá sempre do contexto e da canle. En termos xerais, as opcións máis recomendables para unha comunicación profesional son o uso de formas concretas, perífrases, substantivos colectivos e adxectivos invariables; porque permiten representar a todas as persoas con naturalidade e coherencia, e adáptanse facilmente a calquera tipo de comunicación. Pola contra, recursos como as barras, a «@» ou o «x» convén evitalos en documentos formais ou textos longos, xa que poden dificultar a lectura e reducir a profesionalidade. Con todo, son útiles en contextos máis informais ou dixitais como correos internos ou redes sociais. A clave está en seleccionar as estratexias que mellor se axusten a cada tipo de contido e aplicalas de forma consistente dentro da guía de estilo da organización.

 

Axudámoste a adaptar a túa comunicación

Para que as túas mensaxes sexan representativas e coherentes cos valores da túa empresa, creamos unha checklist para avaliar a túa comunicación e unha guía práctica descargable que recompila as estratexias que compartimos neste artigo, para que poidas aplicalas facilmente ao revisar documentos, webs ou comunicacións internas. Se precisas apoio para aplicar estas estratexias ou queres orientación sobre a opción máis axeitada para a túa organización, podemos axudarte a adaptar contidos de calquera sector ou ámbito profesional.

 

RECURSOS



Checklist linguaxe non sexista 
Guía de linguaxe non sexista

 

Tes un proxecto?

Pídenos orzamento sen compromiso.